UDC e Inditex renovan na Coruña o programa InTalent para atraer a 15 investigadores excelentes.

Tras o primeiro Intalent hai 3 anos, un total de 6 científicos incorporáronse á universidade grazas ao programa. Todos eles asistiron na Maestranza á renovación do acordo no mes de abril deste 2022. Na firma estiveron presentes o reitor Julio Abalde e o conselleiro delegado de Inditex Óscar García Maceiras.
A renovación do programa InTalent conta con 1,5 millóns de euros e duplica o cadro de persoal de investigadores que serán 15 para o 2026. Sinala o reitor que o obxectivo é ofrecer elementos diferenciais.

Ademais, o reitor sinala que o programa conta con candidatos de 40 países indicando ademais que se está potenciando tanto a atracción como a estabilidade destes xa que todos terminan dentro da persoal PDI da universidade.

Descobre máis información na noticia de La Voz de Galicia que relata esta renovación.