Incorporación
de investigadores

As axudas para contratos Ramón y Cajal, do Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empregabilidade en I+D+i, van dirixidas a promover a incorporación de investigadores nacionais e estranxeiros cunha traxectoria destacada en centros de I+D mediante, por unha parte, a concesión de axudas para a súa contratación laboral e, por outra parte, a concesión de axudas para a creación de postos de traballo de carácter permanente para a súa posterior incorporación nos axentes do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación beneficiarios destas axudas.

A selección fundaméntase nun rigoroso proceso de concorrencia competitiva dos candidatos con base nos seus méritos curriculares e na súa capacidade para liderar unha liña de investigación, en función da experiencia científica e profesional, así como da independencia da súa traxectoria.