Recursos
e oportunidades

banner2

Territorio
conectado

Portos

Tanto o porto da Coruña como o de Ferrol están situados nas principais rutas de transporte marítimo internacional entre Europa, América e Asia. Están especializados en carga e descarga de artigos a granel, produtos pesqueiros e mercadoría xeral diversa, ademais de contar con liñas regulares Feeder e actividade de cruceiros. Cómpre sinalar que son dos primeiros de España en descargas, tanto de peixe fresco como conxelado.

Aeroportos

A Coruña conta cun aeroporto comunitario de carácter internacional. Moi próximos atópanse os de Santiago de Compostela e Vigo. Actualmente os tres aeroportos galegos teñen varios voos diarios coas principais cidades españolas, así como diversas conexións internacionais directas.

Rede viaria e ferroviaria

A zona conta cunha moderna rede de estradas que articula internamente a comunidade e que a une co resto do país.

Na actualidade o ferrocarril conecta entre si as principais cidades galegas e comunica Galicia co resto de España e Portugal.

Poder
adquisitivo

Vivenda

O prezo do alugueiro en Galicia é un 23% máis baixo que a media nacional, segundo datos de 2016 dun dos principais portais inmobiliarios.

Concretamente, o prezo medio da vivenda en alugueiro na Coruña sitúase arredor dos 620 €, mentres que en Ferrol baixa ata os 36o € aproximadamente, medias que poderán baixar se non temos en conta os arrendamentos vacacionais ou se ampliamos a nosa busca fóra dos principais núcleos.

Custo da vida

Tendo en conta factores como o custo dos alimentos, a vivenda ou o nivel de vida, unha listaxe realizada por MoveHub dálle a España 65,70 puntos, tomando Nova York (100) como indicador xeral. Este indicador sitúa o custo da vida en España moi por debaixo da media de Europa Occidental.

Datos
económicos

  • A Coruña obtén unha taxa de crecemento do 5,48%
  • O sector que xera máis valor engadido é o vinculado ao sistema produtivo do téxtil, confección e moda, cifra vinculada directamente á presenza do grupo Inditex
  • A comarca da Coruña xerou o 44,96 % do VAB total galego
  • Os sectores con maiores incrementos de valor engadido bruto son os de
    servizos técnicos de enxeñaría, elaboración de bebidas alcohólicas, agás viño, e deseño especializado
  • Taxas de crecemento continuado desde 2008

 

Fonte: ARDÁN 2016

Sector de
futuro

Galicia aposta decididamente polo futuro a través da investigación, o desenvolvemento e a innovación das súas empresas. Contamos cunha serie de centros tecnolóxicos que dan apoio técnico sectorial para a mellora dos seus procesos e produtos así como para garantir uns niveis de calidade e excelencia que poidan competir con garantía de éxito nos mercados máis esixentes do mundo.