Excelencia e
proxección

intalent-header-carrera-01

InTalent UDC-Inditex é un programa que pretende impulsar a traxectoria de investigadores posdoutorais con proxección e ampla experiencia internacional baixo o único criterio da excelencia. O programa, cunha duración total de cinco anos e medio, busca a xeración, retención, recuperación e captación de talento científico e innovador co obxectivo de crear tecido científico e investigador de excelencia.

Que ofrece
o programa?

Contrato
Ata tres anos na UDC

Salario
45 000 €/ano
Investigación propia
30 000 €/proxecto
Traslado e instalación
1000 €

Asesoramento técnico
Preparación de propostas ERC, Grants…
Espazo
Instalacións necesarias para a execución do proxecto

O programa InTalent tamén che permitirá:

Darlle continuidade á túa carreira investigadora dentro da UDC
Compartir experiencia con outro talento excelente de calquera parte do mundo
Incentivar a túa participación no piar de Ciencia Excelente do Programa H2020

A quen
se dirixe?

A convocatoria está aberta a todos os doutores que cumpran os requisitos establecidos nela, independentemente da súa nacionalidade ou idade, que queiran desenvolver a súa actividade investigadora na Universidade da Coruña.

Un mínimo de tres anos de experiencia posdoutoral

Estar en posesión do grao de doutor. A data de obtención do grao de doutor debe de ser anterior ao 1 de xaneiro de 2014. Entenderase como data de obtención do grao de doutor a data do acto de defensa e aprobación da tese de doutoramento. No caso de solicitantes estranxeiros este título deberá estar debidamente homologado en España.

Con interese en convocatorias nacionais e internacionais de ciencia excelente como as ERC, Ramón y Cajal, Juan de la Cierva...

Polo menos, dous anos de experiencia internacional en centros de I+D

Ter realizado estancias durante, polo menos, 24 meses en centros de I+D de países distintos a aquel no que obtivo o título de doutor.

O requisito de mobilidade considerarase cumprido para os investigadores que cursasen integramente e obtivesen o título de doutor nunha universidade non española.

Traxectoria investigadora excelente e capacidade de xerar coñecemento novo

Potencial como investigador independente, madurez profesional e prometedora carreira científica

Xuntos cara ao progreso

Unha universidade moderna que traballa pola excelencia científica