Riqueza
natural

Con varios quilómetros de praias que percorren a costa de ambas as poboacións; o paseo marítimo da Coruña, considerado o máis longo de Europa; fermosos parques e pequenas prazas para a contemplación ou o lecer; carril-bici…

A Coruña, parques e praias que rodean a cidade
Coñece a cidade paseando, pedaleando polo carril-bici ou correndo a través do paseo marítimo, o máis longo de Europa con máis de 10 quilómetros de percorrido. Pérdete nos seus máis de dous quilómetros de praia na cidade.
Ferrol, acantilados de visita obrigada
Ferrol, tanto dentro do propio municipio como en municipios próximos, dispón dunha enorme diversidade de espazos naturais que fan da zona un lugar ideal para gozar da natureza e da paisaxe única do norte de Galicia. Ademais das praias, tanto de ría como de mar aberto, na zona poderemos gozar de lagoas, bosques e acantilados espectaculares de visita obrigada e inesquecible.




Clima
suave
O clima oceánico da zona mantén as temperaturas suaves todo o ano, a súa influencia mediterránea provoca un mínimo de precipitacións en verán.
Ao tratarse dunha zona costeira, ten un clima marítimo que impide que exista unha gran diferenza de temperatura entre as distintas estacións do ano. Os invernos son suaves e os veráns mornos, e prodúcense precipitacións combinadas con tempadas de sol.