A UDC é a quinta universidade española que máis patentes presentou en 2015

Unha das prioridades da Universidade da Coruña é a transferencia de tecnoloxía. Neste senso, a OTRI, a oficina de Transferencia de Resultados de Investigación encárgase de establecer nexos de unión entre a Universidade e o tecido empresarial co fin de promover a transferencia de oferta científico-técnica universitaria ao sector produtivo. Segundo datos da Oficina Española de Marcas e Patentes durante o ano 2015 a UDC presentou un total de 24 patentes converténdose na quinta universidade pública española con maior número de patentes de investigación solicitadas.

A UDC é a quinta universidade española que máis patentes presentou en 2015

A UDC só se ve superada pola Universidade Politécnica de Madrid, que presentou 43 patentes, a Universidade de Sevilla, con 34; ou a Universitat Politécnica de Valencia e a Universidade Rey Juan Carlos, con 26 cada unha.

As 24 patentes presentadas pola UDC en 2015 supoñen un aumento interanual do 118%, respecto ás 11 patentes presentadas en 2014. Se temos en conta a década 2005-2015, a Universidade da Coruña acumula un total de 114 patentes presentadas, o que a sitúa entre a primeira vintena de universidades públicas en solicitude de patentes.

.

patentes - Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña aposta polo desenvolvemento da excelencia investigadora e a súa transferencia á sociedade. Unha das accións que busca este obxectivo é InTalent, un programa de colaboración entre Inditex e a UDC para a contratación de investigadores postdoutorais.

¿E ti, queres desenvolver  a túa carreira investigadora na UDC? ¡Contacta con nós en intalent@udc.es!