Os 12 puntos esenciais para preparar a túa proposta ERC

As ERC Grants son unha gran oportunidade para aqueles investigadores que desexen continuar a súa investigación en ciencia excelente.

Ofrecémosche 12 puntos esenciais a ter en conta na preparación da túa proposta ERC e que esta sexa un éxito.

1.

Pide consello a outros investigadores que xa presentaran algunha proposta ERC con anterioridade, a gañadores dalgunha ERC e á institución na que vaias a realizar o teu proxecto de investigación.

2.

Asegura que a túa proposta responde ás seguintes preguntas:

  • Que problema ou necesidade a resolver expón a túa investigación?
  • Por que este problema ou necesidade é relevante e significativa?
  • Como pode a túa investigación solucionar dito problema ou necesidade?

3.

Describe claramente o punto diferencial que expón a túa proposta respecto doutras e por que no se levou a cabo antes.

4.

Escolle un bo acrónimo para a túa proposta, que sexa fácil de pronunciar e atractivo de cara aos avaliadores. Podes usar ferramentas como Acronym Creator para crear o acrónimo.

5.

Describe o impacto que pode xerar a túa investigación, e en qué ámbitos se reflexaría ese impacto: a nivel científico, financeiro, social…

6.

Se a túa proposta é arriscada, algo que se valora positivamente nas convocatorias ERC, asegúrate de incluir unha breve descrición dun plan B que axude a mitigar os posibles riscos da túa proposta inicial.

7.

Na túa proposta é importante que deixes constancia do teu liderado aportando datos do teu track-record, por exemplo, a túa experiencia liderando grupos de investigación a nivel nacional ou internacional, o teu historial de supervisión de estudantes…

8.

Demostra a túa excelencia, o teu impacto e posición no mundo académico así como a túa capacidade para dar forma e crear campos de investigación. Recorda sempre mostrar aqueles datos que reforzan as túas fortalezas e evita aqueles datos que en comparación a outros candidatos poderían desmerecerte. Para máis información e detalles sobre os criterios de avaliación podes consultar o ERC Work Programme 2017.

9.

Asegúrate de que as túas ideas importantes e puntos fortes aparecen ao inicio da túa proposta e saliéntaas con recursos de formato como o marcado en negriña, esquemas, gráficos, etc. Os avaliadores deben captar a mensaxe que queres transmitir no primeiro contacto coa túa proposta, así que deixao claro tanto no título, no resumo inicial, como nos distintos elementos da proposta.

10.

Se o máis específico posible nas túas afirmacións e evita aquelas que non poidan ser verificadas independentemente. E por suposto, evita o texto de recheo: que todo o que digas sexa importante e teña sentido no conxunto da proposta.

11.

Presenta a túa proposta ERC de maneira clara, estruturada e que sexa fácil de ler. Usa subtítulos, listas, destacados. Ademáis, pódeste axudar do uso de táboas e diagramas (sempre en branco e negro para facilitar a súa lectura) para mostrar a información de maneira máis visual.

12.

Asegúrate de que a túa proposta está escrita en perfecto inglés, e se é posible que a revise algún nativo. Igualmente, comparte a túa proposta cun grupo de persoas que poidan darche a súa opinión e poidan orientarte na mellora desta.

 



RELATED POSTS