A UDC premiará a Excelencia Científica na VIII Reunión Galega de Mozos Investigadores no Estranxeiro

O próximo 28 de decembro no auditorio do MUNCYT Coruña terá lugar a VIII Reunión Galega de Mozos Investigadores no Estranxeiro, organizada polo Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) en colaboración co MUNCYT Coruña.

O obxectivo destes encontros é abrir unha vía de intercambio e contacto con investigadores galegos que actualmente se atopan traballando en centros de investigación no estranxeiro, co fin de coñecer o seu traballo e posibilitar futuras colaboracións.

Pola súa banda, a Universidade da Coruña a través do “Programa de Apoio á ciencia excelente (berce)” concederá dous premios en dúas categorías distintas:

  • Á mellor traxectoria profesional (investigador menor de 40 anos), cunha dotación de 300€. (Para optar a este premio, os participantes deben enviar o seu CV e un resumo da súa traxectoria profesional a MA.dolores.mayan.santos@sergas.es.)
  • Á mellor presentación oral, cunha dotación de 200€

Os organizadores animan a todos aqueles que queiran participar na xornada e participar como relatoras a que envíen antes do 16 de decembro á dirección de correo electrónico Ma.dolores.mayan.santos@sergas.es o seu CV, o título da charla e un resumo breve do traballo que van expoñer.

A edición deste ano da Reunión Galega de Mozos Investigadores no Estranxeiro, constará de:

  • 09.30: Recepción
  • 10.00 – 10.20: Benvida
  • 10.20 – 14.00: Presentacións orais (10 min) seleccionadas de mozos investigadores e conferencias (20 min) de investigadores senior referentes no seu campo de investigación. Cada unha das sesións de presentacións orais será acollida e coordinada por un investigador senior.
  • 14.00 – 15.30: Xantar.
  • 15.30 – 17.15: Carreira Investigadora e Financiamento da Investigación. Mesa de Discusión.
  • 17.30: Entrega de premios e clausura.

Para máis información, visita a súa web: http://iyimeeting2017.com/Programa.html



RELATED POSTS