Marie Skłodowska-Curie Actions Individual Fellowships (MSCA-IF), unha gran aposta pola mobilidade dos investigadores excelentes

As Marie Skłodowska-Curie Actions Individual Fellowships (MSCA-IF) teñen como obxectivo mellorar o potencial creativo e innovador dos investigadores con experiencia (investigadores con título de doutor ou que poidan acreditar máis de 4 anos de experiencia investigadora a tempo completo), a través de proxectos individuais, fomentando a mobilidade internacional e intersectorial tanto en universidades, centros de investigación, infraestructuras de investigación, empresas, PEME e outros grupos socioeconómicos de toda Europa e de fóra dela. Actualmente as Marie Skłodowska-Curie Actions Individual Fellowships están abertas ata o 12 de Setembro de 2018.

Trátase de becas moi ben dotadas economicamente que solicitan os investigadores xunto a institucións de acollida (host institutions) nas que van a desenvolver a súa actividade investigadora.

Os solicitantes ás Individual Fellowships deberán orientar a súa solicitude cara unha das 8 áreas científicas propostas: Química, Ciencias Sociais e Humanidades, Ciencias Económicas, Enxeñería e Ciencias da Información, Xeociencias e Medioambientais, Ciencias da Vida, Matemáticas e Física.

As Individual Fellowships teñen dúas modalidades de participación que se diferencian polas súas regras de mobilidade: as European Fellowships (EF) e as Global Fellowships (GF), que especificamos a continuación.

 

As European Fellowships (IF European), promovendo a mobilidade dentro da Unión Europea

Trátase de proxectos de 1 a 2 anos de duración e os solicitantes deben ter ou ben o título de doutor ou contar con 4 anos de experiencia en investigación a tempo completo a data de peche da convocatoria.

Están enfocadas a promover a mobilidade dentro dos países membros da Unión Europea ou países asociados, o que supón unha excelente oportunidade de retorno para investigadores de excelencia que se desprazaran do seu país de orixe a outros países, sexan ou non pertencentes á Unión Europea.

As European Fellowships contan con varios paneis multidisciplinares que ofrecen diferentes posibilidades aos investigadores e que teñen as súas propias condicións:

Becas Standard (EF-ST – Standard European Fellowships)

Ditas becas están destinadas a investigadores experimentados, que non residisen ou traballasen no país da entidade beneficiada por máis de 12 meses nos últimos 3 anos anteriores ao peche da convocatoria, e queiran levar a cabo a súa labor investigadora en calquera país membro da Unión Europea ou asociado.

Reinicio de Carreira (CAR – Career Restart Panel)

Pretenden apoiar a investigadores a retomar a súa carreira investigadora en Europa tras un período de inactividade, como unha baixa por maternidade ou paternidade, unha estancia de investigación no estranxeiro… Neste caso, o investigador non debeu residir ou traballar no país da entidade beneficiada por máis de 36 meses nos últimos 5 anos anteriores ao peche da convocatoria. Ademáis, non debeu levar a cabo ningunha labor investigadora nos 12 meses anteriores ao peche da convocatoria (14/9/17).

Reintegración (RI – Reintegration Panel)

O seu obxectivo é facilitar o retorno e reintegración de investigadores que desenvolven a súa actividade en países que non sexan nin membros nin asociados á Unión Europea, nun posto máis permanente en Europa. As condicións para estes solicitantes é que teñan a nacionalidade de calquera país membro da UE ou asociado, ou que realizasen a súa actividade investigadora nalgún país membro ou asociado ao menos durante cinco anos consecutivos.

Society & Enterprise Panel (EF-SE)

Trátase dun panel multidisciplinar destinado a investigadores que queren realizar a súa labor investigadora en organizacións non académicas en países membros da Unión Europea ou asociados. As condicións para os solicitantes destas bolsas é que non residisen ou traballasen no país da entidade beneficiada por máis de 36 meses nos últimos 5 anos anteriores ao peche da convocatoria.

 

As Global Fellowships (IF Global), promovendo a mobilidade internacional

As Global Fellowships (IF Global) promoven a mobilidade fóra da Unión Europea e contan cunha fase de retorno a Europa obrigatoria. Trátase de proxectos de 1 a 2 anos de duración, cun 1 ano adicional correspondente á fase de retorno ao país membro ou asociado da UE beneficiario da bolsa.

Nestas bolsas, o investigador, con sede nun país membro da UE ou asociado, non debeu residir, estudar ou traballar no país no que vaia a levar a cabo a súa investigación.

A primeira fase do proxecto debe realizarse nun país non pertencente á UE nin asociado, e nunha organización asociada (partner organization). A segunda fase, a de retorno, debe realizarse no país da entidade na institución de acollida.

 

A función das institucións de acollida. “A UDC, unha institución de acollida ao servizo do investigador”

As institucións de acollida son as encargadas de contratar, supervisar e formar aos investigadores e deben ter sede nun país membro da UE ou nun país asociado. Como apuntabamos ao comezo, son as que firman o acordo de subvención (Grant Agreement) coa Comisión Europea e as que reciben a financiación por parte desta.

A UDC, unha institución de acollida ao servizo do investigador

 

¿Que cobre a financiación das Individual Fellowships?

As dúas modalidades das Individual Fellowship, tanto as European Fellowship como as Global Fellowships cobren varios gastos do investigador:

¿Que cobre a financiación das Individual Fellowships?

  • Gastos de vida, cunha contía de 4.650€/mes que se axustará a través dun coeficiente corrector do país (country correction coefficient) segundo o custo de vida do país no que se encontre o beneficiario por exemplo para España o coeficiente é  97.6%.
  • Gastos de mobilidade, cunha contía fixa de 600€.
  • Gastos familiares, cunha contía fixa de 500€.

En canto ás institucións, estas perciben mensualmente por cada investigador que aloxan, 800€ para custear os gastos da actividade investigadora e as actividades prácticas realizadas polos investigadores. Ademáis, perciben tamén 650€ destinados a gastos de mantemento e custos indirectos da acción.

 

Posibilidade de traslados a países membros da UE ou asociados durante as Individual Fellowships

Durante a realización da Individual Fellowships, os investigadores poden ser trasladados temporalmente da súa institución de acollida a outra organización dun país membro da UE ou asociado.

A duración máxima destas estancias está supeditada á duración total da Individual Fellowships, así para bolsas que duren menos de 18 meses, o período máximo de traslado será de 3 meses, e aquelas que duren máis de 18 meses, o  período máximo será de 6 meses.

No caso das Global Fellowships, os traslados temporais só serán válidos na primeira fase da bolsa.

Na seguinte ligazón poderás atopar a convocatoria completa: https://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/topics/msca-if-2018.html