Elena Pazos, investigadora InTalent 2016 “Intalent chega nun punto da miña carreira investigadora ideal para comezar a desenvolver as miñas propias liñas de investigación”

Elena Pazos, natural de Marín, é doutora en Química Orgánica pola Universidade de Santiago de Compostela, baixo a supervisión dos profesores José Luis Mascareñas e Eugenio Vázquez.

Entre os anos 2012 e 2014, formou parte do grupo de investigación liderado polo profesor Samuel Stupp, coñecido por desenvolver materiais orgánicos autoensamblados enfocados a aplicacións en enerxía e medicina, na Universidade de Northwestern (Chicago, EEUU), grazas a unha bolsa da Fundación Barrié.

Elena Pazos, quen actualmente está desenvolvendo a súa actividade investigadora no Centro Tecnolóxico da Química de Cataluña (CTQC) en Tarragona, é unha dos dous investigadores seleccionados na primeira convocatoria do Programa InTalent UDC-Inditex. Unha convocatoria na que se presentaron un total de 122 solicitudes e nas que a alta calidade científica era o común denominador.

Falamos con Elena Pazos para que nos explique a súa liña de investigación e nos fale sobre que representa para ela ser unha dos 2 investigadores excelentes seleccionados na primeira convocatoria do Programa InTalent.

 

1. ¿En que momento da túa carreira investigadora chega o Programa InTalent?
¿Como cres que este vai influir no teu futuro como investigadora?

A verdade é que o programa chega nun momento idóneo, xusto cando o meu contrato de investigación co Centro Tecnolóxico da Química de Cataluña está a punto de rematar e nun punto da miña carreira investigadora ideal para comezar a desenvolver as miñas propias liñas de investigación. Creo que o programa InTalent vai influir moi positivamente no meu futuro, xa que me aporta as ferramentas necesarias para comezar un camiño independente e cando remate o programa podería comezar a recoller os primeiros froitos do traballo realizado.

 

2. Tras formarte en Chicago co Prof. Stupp e traballar no Centro Tecnolóxico da Química de Cataluña, voltas a túa comunidade. ¿É o camiño que esperabas percorrer na túa carreira investigadora? ¿Pensaches, nalgún momento antes de aplicar noPrograma InTalent, en volver a Galicia?

Dende logo, é o camiño que desexaba percorrer. Despois de formarme en grupos de investigación de recoñecido prestixio, tiña a ilusión de poder poñer en conxunto todos os meus coñecementos e desenvolver as miñas propias ideas. En canto a Galicia, si que me plantexara volver, aínda que debido á situación na que se atopa a investigación actualmente pensei que sería grazas a algún programa de formación postdoutoral e non baixo un programa como InTalent.

Elena Pazos - InTalent 2016

Elena Pazos, durante a presentación dos investigadores InTalent 2016

 

3. Fálanos das liñas de investigación que vas desenvolver nos próximos anos na UDC. ¿Que resultados esperas acadar coas túas investigacións?

Pois agora mesmo teño en mente traballar en dúas liñas de investigación moi diferentes.
Por un lado, gustaríame desenvolver sensores intelixentes para enfermidades dexenerativas, é dicir, moléculas que en presenza de marcadores específicos destas enfermidades emitan luz e permitan a súa detección, e por outro lado tamén me gustaría traballar no desenvolvemento de novos nanomateriais biocompatibles que sexan capaces de producir un efecto específico en células, como promover a rexeneración celular ou utilizalos como vehículos para a administración controlada de fármacos.

 

4. Nos próximos anos uniraste ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) para traballar sobre as túas liñas de investigación. ¿Puideches coñecer o Centro? ¿Que potencialidades cres que ten?

Si, visitei o centro xa en tres ocasións e reuninme con algúns dos seus grupos de investigación. A verdade é que o centro está moi ben, tanto en instalacións como na dotación de instrumentos para levar a cabo a investigación, pero máis alá diso, estou moi ilusionada por traballar xunto a grupos de investigación que están levando a cabo traballos moi interesantes, sinto que é moi probable que se acaben creando sinerxias con algúns deles.

 

InTalent chega nun punto da miña carreira investigadora ideal para empezar a desenvolver as miñas propias liñas de investigación.

 

5. Conseguiches financiamento privado (Fundación Barrié), financiamento público (unha FPU e unha Incoming TECNIOspring Fellowship), e agora financiamento mixto (Programa InTalent UDC-Inditex). ¿A que convocatorias de ciencia excelente tes pensado presentarte nestes próximos anos?

Pois agora mesmo, a máis importante á que teño en mente presentarme é a ERC starting grant. É unha convocatoria moi competitiva, pero tratarei de propoñer un proxecto innovador que estea á altura dos proxectos que se financian



RELATED POSTS