José Antonio Cortés, investigador InTalent, co-organiza unhas xornadas para explorar novos ámbitos de aplicación da antropoloxía galega

O pasado 14 de xuño, no emblemático Museo do Pobo Galego, celebráronse unhas xornadas da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO),  organizadas por Cristina Sánchez Carretero (INCIPIT, CSIC) y José Antonio Cortés Vázquez (Intalent UDC-INDITEX), baixo o título “Xornadas de antropoloxía de, desde, en, para Galicia” nas que participaron aproximadamente 40 antropólogos.

Antropología: jornadas sobre nuevos ámbitos de aplicación en Galicia

Foto: Paco Rodríguez

O obxectivo destas xornadas era visibilizar a antropoloxía e explorar novas fronteiras profesionais e terreos nos que os antropólogos e antropólogas poidan aplicar as súas habilidades e coñecementos.

 

Antropoloxía: o estado actual da profesión

Gran parte das xornadas foron dedicadas ao debate sobre o estado actual da profesión. Desas sesións xurdiron varias propostas, como, por exemplo, adoptar iniciativas tomadas noutras comunidades autónomas ou noutros países como Portugal para que as saídas profesionais en antropoloxía vaian máis aló do ámbito académico. Tamén se expuxeron formas para demostrar á sociedade e ás institucións a utilidade e aplicacións da antropoloxía. Así mesmo, afianzouse o compromiso de difundir os seus traballos, organizando periodicamente reunións e eventos abertos ao público nos que poñer en valor que a cultura e o seu estudo non é só unha forma de preservar o patrimonio e identidade, senón tamén unha ferramenta de mellora e cambio ante os retos da sociedade.

 

Presentación de antropólogos galegos e os seus traballos

Outra parte da xornada dedicouse á presentación de antropólogos galegos e os seus traballos. Os estudos presentados demostraron que a antropoloxía non só consiste no estudo da cultura, as tradicións e o patrimonio. A súa capacidade para comprender a realidade social desde unha perspectiva complexa coloca á antropoloxía nunha situación privilexiada para entender, por exemplo, os problemas económicos, sociais, de identidade e afectivos que supón a crise do mundo rural ou para comprender mellor a complexa relación que os pescadores manteñen coa súa contorna.

 

Conclusión: a transversalidade da antropoloxía como unha oportunidade

A principal conclusión das xornadas foi, que a transversalidade da antropoloxía permite abordar a complexidade de problemas de gran actualidade, aínda que o seu descoñecemento impide sacar o máximo rendemento diso, por iso, o compromiso por facer visible a antropoloxía e as súas aplicacións é de vital importancia para Galicia en particular e para a sociedade en xeral.



RELATED POSTS