As ERC Starting Grants: unha gran oportunidade para a estabilidade laboral

Es un investigador preparado para traballar de forma independente? Se queres demostrar o teu potencial liderando o teu propio grupo de investigación, as ERC Starting Grants poden ser a túa gran oportunidade.

 

A continuación, respondemos a 8 preguntas que te debes facer se queres aplicar á ERC Starting Grant.

 

Quen pode aplicar ás ERC Starting Grants?

Investigadores de calquera nacionalidade que cumpran os seguintes requisitos:

  • ・ Finalizar o doutoramento entre 2 e 7 anos*
  • ・ Ter un track record investigador que dea mostra dun futuro prometedor
  • ・ Levar a cabo unha proposta de investigación excelente

*Poden ser aceptados investigadores con maior experiencia postdoctoral se se dan certas circunstancias que podes ver no último ERC Work Programme

Que tipo de propostas de investigación poden aplicar ás ERC Starting Grants?

As propostas de investigación poden ser de calquera campo de investigación e valóranse baixo o único criterio da excelencia. As ERC Grants réxense baixo un criterio ascendente sen prioridade predeterminada, é dicir, as mellores propostas son as elixidas independentemente do ámbito de investigación da mesma.

Onde se debe realizar a investigación?

A investigación pode ser levada a cabo nunha organización pública ou privada, denominada como a institución de acollida (host institution). A institución de acollida pode ser na que o investigador traballa ou calquera outra situada nos estados membros da UE ou países asociados.

De que forma participa a institución de acollida?

As aplicacións para unha ERC Grant deben ser realizadas por un único Investigador Principal en conxunto con e en nome da Institución de acollida, chamada a entidade aplicante legal (applicant legal entity).

As axudas danse á Institución de acollida co compromiso explícito de ofrecer condicións apropiadas para que o Investigador Principal dirixa de forma independente a investigación e administre o seu financiamento durante a duración do proxecto.

O IP non ten que estar a traballar na institución de acollida no momento no que leva a cabo a aplicación. Con todo, debe haber un acordo mutuo e o compromiso da institución anfitrioa de como se establecerá a relación, se a proposta ten éxito.

 

Que ofrece a UDC para esta convocatoria?

 

A ERC starting Grant financia a máis dun investigador?

As ERC grants financian proxectos levados a cabo por un investigador individual que pode contratar investigadores de calquera nacionalidade como membros do equipo. É posible ter un ou máis membros do equipo localizado nun país non europeo.

Que cantidade de financiamento ofrecen as ERC Starting Grants?

As Starting Grants poden financiar ata 1.5 millóns de euros por un período de 5 anos (pro-rata para proxectos de máis curta duración). Con todo, unha cantidade adicional de 0.5 millóns de euros pode poñerse a disposición para cubrir os custos de posta en marcha como poden ser:

  • ・ O traslado desde un terceiro país á UE ou país asociado
  • ・ A compra de equipos principais
  • ・ O acceso a grandes instalacións

A axuda pode cubrir ata un 100% do total dos custos directos subvencionables da investigación, máis unha contribución do 25% (do total dos custos subvencionables) de custos indirectos.

 

Quen pode resolver as miñas dúbidas sobre as ERC Starting Grants?

A UDC pon a disposición de calquera investigador un equipo asesor experto que te aconsellará, axudará e acompañará na elaboración da proposta. Podes escribir a intalent@udc.es ou chamar ao teléfono +34 981 167 173 e solicitar unha reunión vía Skype.


A continuación, deixámoste unha serie de recursos de interese para aplicantes ERC:

Héctor Gómez, gañador dunha ERC Starting Grant: “A UDC permite realizar proxectos de investigación arriscados con grandes retornos potenciais”

José Mahía, coordinador científico de InTalent, fálanos da aposta da UDC pola retención, recuperación e captación do talento investigador de excelencia

Os 12 puntos esenciais para preparar a túa proposta ERC

Link á páxina web das ERC Starting Grants



RELATED POSTS