Coñecendo o CITIC da man do seu coordinador Manuel F. González Penedo

Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) é un dos centros de investigación cos que conta a Universidade da Coruña. O CITIC ten como fin potenciar o avance e a excelencia na investigación, desenvolvemento e innovación nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e fomentar a transferencia de coñecemento e resultados á sociedade.

Falamos con Manuel F. González Penedo, coordinador do CITIC, para que nos fale deste potente centro de investigación e os motivos polos cales os investigadores deberían telo en conta como lugar onde desenvolver a súa carreira científica.

 

Preguntado polas cinco capacidades que destacaría do CITIC e que poidan resultar máis atractivas para os investigadores, Manuel F. González, teno claro:

1. “O ser un Centro Tecnolóxico impulsado pola Universidade da Coruña convírtenos nun punto de encontro entre a Universidade e a empresa no que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores cun perfil moi especializado procedentes do ámbito universitario.”

2. “O fomento da transferencia tecnolóxica e de coñecemento, o que nos levou a participar en máis de 100 proxectos de transferencia tecnolóxica.”

3. “A amplia experiencia en convocatorias de I+D dentro e fóra do noso país, así como con proxectos desenvoltos en colaboración directa co sector empresarial.”

4. “A nosa actividade de I+D+i aplicada ás TIC, que se desenvolve en base a dous Sectores Funcionais -Entornos Smart e Retos Sociais- sobre os que xiran as nosas tres Áreas Tecnolóxicas: Ciencia de datos e información; Percepción, cognición e iteración; e Arquitectura de computadores, sensórica e comunicacións.” Neste punto, profundiza no feito que “esta estrutura definiuse desta maneira para aliñarnos coas políticas I+D a nivel europeo, nacional e rexional, así como coa estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia.”

5. “O CITIC aspira a participar en proxectos con altas doses de especialización e interese.” Ademáis, Manuel F. González comenta “gústannos os retos e cremos que é a mellor maneira de contribuír a unha mellor competitividade do noso sector empresarial.”

 

CONOCIENDO EL CITIC DE LA MANO DE SU COORDINADOR MANUEL F. GONZÁLEZ PENEDO

 

Segundo Manuel F. González, é precisamente a estruturación do Centro en Sectores Funcionais e Áreas Tecnolóxicas, a que lles “permite crear equipos de traballo multidisciplinares e crear equipos de traballo adhoc que incorporamos en cada proxecto de I+D seleccionando os mellores especialistas da súa disciplina e tecnoloxía.”

 

CONOCIENDO EL CITIC

 

En canto ás liñas de acción do CITIC para a adquisición de financiamento, a internacionalización é un dos eixos principais fixados no plan estratéxico 2015-2020. Neste senso, participan de maneira activa en convocatorias dentro e fóra do país como poden ser Interreg Europe (que ofrece axudas a gobernos locais e rexionais de toda Europa para desenvolver e prover mellores políticas aos cidadáns), POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal) ou Horizonte 2020 (o programa de financiación da investigación e a innovación da Unión Europea para o período 2014-2020).

 

A multidisciplinariedade do CITIC implica que dende o centro se participe en proxectos de temáticas e sectores moi diversos, como o industrial, o pesqueiro, o sanitario, o de transportes e comunicacións, o turístico, o medioambiental, etc. En palabras de Manuel F. González, “a transversalidade das TIC é o que fai que a innovación estea en auxe a todos os niveis”.

 

O CITIC aporta aos investigadores a súa relación co sector empresarial. A través desta relación permítelles participar en proxectos de alta especialización e con empresas non só rexionais ou nacionais senón tamén multinacionais (de todos os sectores).

 

CONOCIENDO EL CITIC

 

Ademáis, o CITIC ofrece ao sector empresarial 3 respostas relevantes ás súas necesidades:

1. Desenvolvemento Tecnolóxico: O CITIC ten a capacidade en I+D suficiente para dar resposta a moitos dos retos tecnolóxicos das empresas, e o máis importante, orientalas sobre solucións tecnolóxicas que melloren os servizos que ofrecen. “Pode actuar como ese departamento de I+D das empresas”.

2. Innovación: O CITIC pode propoñerlle ás empresas novas solucións tecnolóxicas que melloren os servizos e solucións que ofrece co obxectivo de facelas máis competitivas.

3. Asesorar na búsqueda de financiamento: O CITIC asesora ás empresas sobre os diferentes mecanismos de financiamento de I+D existentes.

 

A transferencia tecnolóxica é un tema capital no CITIC, algo que se visibiliza coa creación de tres spin-offs nos últimos 4 anos:

  • Torusware: unha empresa de solucións software para reducir os tempos e maximizar resultados de negocio a través da computación de altas prestacións.
  • Appentra: dedicada a proporcionar ferramentas software de calidade que permitan un uso extensivo das técnicas de computación de alto rendemento (HPC) en todas as áreas de aplicación da enxeñería, a ciencia e a industria.
  • Syntheractive: a súa liña de actividade basease nun sistema distribuído capaz de xerar vídeo sintético, e codificalo en tempo real facendo uso da potencia de cálculo dos procesadores gráficos (GPU), para servir como infraestrutura base para a definición de servizos interactivos masivos para a televisión dixital.

 

CONOCIENDO EL CITIC

 

A súa importancia é tal que tanto a transferencia tecnolóxica e a potenciación da relación do Centro co sector produtivo son outro eixo clave do plan estratéxico 2015-2020. Nesa liña, Manuel F. González apunta que non se conforman con aportar coñecemento e transferencia e posiciónanse como “un socio clave para axudar na formación de consorcios empresariais, nos que tamén teñen cabida outros centros de investigación ou universidades.” Ademáis, engade: “proporcionamos ás empresas know-how altamente especializado, así como I+D que lles permita converterse en empresas máis competitivas.”



RELATED POSTS