Héctor Gómez, gañador dunha ERC Starting Grant: “A UDC permite realizar proxectos de investigación arriscados con grandes retornos potenciais”

Natural de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, Héctor Gómez ten acumulados numerosos recoñecementos e logros tanto nacionais como internacionais polo seu labor investigador. Un dos máis destacados, unha ERC Starting Grant para financiar a súa investigación sobre a aplicación de métodos numéricos ao crecemento dos tumores (MuSIC).

Aínda que poida sorprender, Héctor cursou Enxeñería de Camiños “polo reto de estudar unha carreira que tiña fama de ser moi difícil”, apunta. Actualmente exerce de profesor de Matemáticas Aplicadas na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (UDC).

Preguntámoslle como un enxeñeiro de camiños comeza unha investigación sobre o cancro de próstata, ao que responde que intenta “ir cara onde está a oportunidade. Vin unha oportunidade no cancro de próstata e lanceime”. Ademáis, destaca que “a enxeñería tradicional e a biomédica están máis cerca do que un pode imaxinar.”

Entrevistámolo para que nos conte que supuxo para el o gañar unha ERC Starting Grant

– En 2012 conseguiches unha ERC Starting Grant para financiar a túa investigación sobre a aplicación de métodos numéricos ao crecemento dos tumores (MuSIC). ¿Qué supuxo isto para a túa carreira investigadora?

Supuxo un cambio radical a nivel de medios e recoñecemento internacional.

 

– Ante a ampla oferta de universidades internacionais ¿Por que optaches pola UDC para levar a cabo a túa investigación?

No meu caso  influiu a miña orixe galega. Traballar noutras universidades internacionais de prestixio tamén me permitiu ver as cousas boas da UDC.

 

 – ¿Qué potencialidades destacarías da Universidade da Coruña?

É unha Universidade relativamente pequena que ofrece a liberdade para elixir os temas de investigación e  realizar proxectos arriscados con grandes retornos potenciais. Ademáis, dispón dunhas modernas e excelentes instalacións para a realización da investigación.

 

– Fálanos do teu equipo de investigación

O meu equipo está formado por un total de 7 investigadores, 3 deles postdoctorais e 4 estudantes de doutorado. Son todos españois, agás un que é de nacionalidade China. En canto ao seu perfil formativo, todos traballaron en universidades estranxeiras de prestixio ao menos por un tempo.

 

A carreira investigadora de Héctor Gómez está plagada de éxitos e recoñecementos: en 2013 a Sociedade Española de Métodos Numéricos de Enxeñería (Semni), outorgoulle o galardón Juan Carlos Simó ao mellor investigador novo de España neste ámbito. En 2014, foi un dos dez galardonados cos premios MIT Technology Review en español a Innovadores menores de 35 anos, e o pasado ano obtivo o premio Agustín Betancourt e Molina da Real Academia de Enxeñería.

 


A excelencia científica é unha constante na carreira de Héctor, unha excelencia que dende a UDC fomentamos e buscamos. Por iso, dende a UDC en colaboración con Inditex puxemos en marcha o programa InTalent para a contratación de 2 investigadores postdoctorais de excelencia, co que se ofrecen 3 anos de contrato coa universidade, un salario anual de 45.000€, 30.000€ para a financiación de proxectos de investigación propia e unha axuda de 1.000€ para o traslado e instalación na Coruña. Ademáis, ofrécese asesoramento para a preparación de convocatorias como as ERC ou outras e o acceso ás instalacións e infraestruturas da UDC.

Se fai máis de 3 anos que obtiveches o teu doutorado e contas con máis de 2 anos de experiencia traballando en centros de investigación internacional inscríbete xa no Programa InTalent, tes de prazo ata o próximo 1 de decembro.

 

Inscribirse na convocatoria



RELATED POSTS