● O Programa de Apoio á Ciencia Excelente da UDC (berce), está dirixido ao persoal investigador solicitante dunha ERC grant
● Financia a contratación de consultores expertos na preparación de propostas
● Acceso a unha praza indefinida para os beneficiarios da ERC grant
A Universidade da Coruña aposta polo talento investigador de excelencia, abrindo unha nova convocatoria do Programa de Apoio á Ciencia Excelente da UDC (berce).
berce recolle unha serie de medidas específicas enfocadas a dar un apoio integral a investigadores que estean interesados en preparar unha ERC grant. O apoio inclúe a contratación de consultores expertos internacionais para a preparación de propostas. No caso de que o investigador consiga unha ERC grant daráselle acceso a unha praza de carácter indefinido na UDC.
A quen vai dirixido?
- ● Investigadores de calquer nacionalidade
- ● Con o sen vinculación previa coa UDC
- ● Que cumpran os requisitos para optar a unha ERC grant
- ● Que a UDC sexa a Host Institution do proxecto que presente o investigador
Que medidas específicas ofrece o Programa berce para solicitar unha ERC grant?
O Programa berce ofrece apoio na preparación das solicitudes a través de consultores internacionais especializados en aspectos clave:

Revisión xeral da solicitude

Asistencia coa proposta financiera

Revisión e edición da linguaxe

Cualquera necesidade específica que requira o proxecto
Como seleccionan aos investigadores?
● A Universidade abre un prazo para a recepción de mostras de interese por parte de investigadores que queran presentar unha ERC grant coa UDC
● A UDC comprométese a poñerse en contacto contigo en menos de 15 días
● O prazo de presentación prioritario é antes do 20 de abril de 2018
Todo aquel investigador ou investigadora que quera aplicar a unha ERC grant a través da UDC poderá solicitar unha reunión presencial ou por Skype a través do correo electrónico otri.cienciaexcelente@udc.es. Deste xeito, estudiaranse as mellores opcións para cada investigador en función das súas condicións persoais.
Qué medidas ofrece o Programa berce durante e despois da ERC grant?
A estabilidade laboral é un dos principais valores que ofrece o Programa berce xa que conseguir una ERC grant da acceso a una praza laboral indefinida na UDC
Ademáis diso, o Programa berce asegura o acceso a:
- ● Un salario competitivo
- ● Espazo de oficina e áreas privadas para a investigación
- ● Acceso integral a todos os servizos da UDC
Que son as ERC grants?
O principal obxectivo do Consello Europeo de Investigación (ERC) é fomentar a investigación de alta calidade en Europa, financiando proxectos a longo prazo mediante convocatorias competitivas. As ERC grants apoian a investigadores individuais de calquera nacionalidade e idade que desexen continuar a súa investigación en ciencia excelente.
Existen tres tipos de ERC grants cos que poder optar ao Programa berce:
ERC Starting Grants (StG)
Deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 2 e 7 anos e que están comezando a súa propia liña de investigación independente e queran formar o seu propio equipo.
ERC Consolidator Grants (CoG)
Deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 7 e 12 anos e que están consolidando o seu propio equipo e liña de investigación independiente.
ERC Advanced Grants (AdG)
Deseñadas para apoiar a investigadores excelentes sénior con, polo menos, 10 anos de experiencia e que presenten propostas innovadoras, ambiciosas e na fronteira do coñecemento.
Toda a información do Programa berce está disponible en www.berceudc.com
Para ampliar información sobre as ERC grant, deixámosvos un listado de recursos de interese:
Os 12 puntos claves para preparar a túa proposta ERC
Testemuños de investigadores que captaron unha ERC grant coa UDC:
- ● Héctor Gómez, beneficiario dunha ERC Consolidator Grant: “A UDC permite realizar proxectos de investigación arriscados con grandes retornos potenciais”
- ● Carlos Gómez (ERC Starting grant): “Sempre vale la pena aplicar a unha ERC grant”
Web oficial ERC Consolidator Grants